sexta-feira, 5 de março de 2010

Pesimismo no bando profusión

Apocalíptica columna, onte, de Luís Ventoso, periodista, cuasi director, de La Voz de Galicia. No máis puro estilo das encíclicas do seu xefe, don Santiago Rey, rebosante de regionalismo folclórico, dirixido directo ao corazón dos bos e xenerosos... Galicia acábase!

“El pesimismo es enorme”, “Galicia va mal”. Os que se opoñen á fusión cargarán coa responsabilidade histórica de asinar a nosa defunción como país.

Xornalismo de raza, pouca reflexión, puro sentimento... que o leva a cometer erros graves, contrarios aos intereses que con tanto ardor e dedicación ven defendendo.

Por primeira vez nas páxinas de La Voz de Galicia se lle da pábulo aos rumores sobre a delicada situación económico-financeira de Caixa Galicia. “el Banco de España pararía una fusión gallega por inviable”.

Chega a utilizar, ao alimón coa inefable Sofía Vázquez, un argumento digno de peores tempos. Recorrer aos galegos de Madrid –Rajoy, Blanco, Salgado-. Lémbrame aquela época na que todo se fiaba á partida de nacemento do innombrable.

É obvio que Ventoso non lee o Faro de Vigo. Se o fixese vería que o optimismo do sur é directamente proporcional ao seu pesimismo.

Esa é a súa responsabilidade e a da súa empresa. Pretender marcar dende as súas páxinas a estratexia do país a calquera prezo. Despois subíronse outros ao seu carro. O resultado é este: unha fractura social –e xeográfica- que será difícil recompoñer.

4 comentários:

  1. Eu non entendo de economía...pero estou segura de que se interesara de verdade xa estaría arreglado. Non vos fiedes da voz...nin do faro...pero moito menos da región xD!!!! un saúdo!

    ResponderExcluir
  2. O mundo é um pano...


    http://noalafusion.blogspot.com/

    ResponderExcluir
  3. Fíate só de a furada do trasno, Arianne...
    Saúdos,

    ResponderExcluir

No faiado