Xa que a prestación de servizos financeiros se desenvolve en libre competencia, os galegos como usuarios dos mesmos elixiremos aquelas empresas que nos ofrezan mellores condicións, podendo utilizar un banco galego, español, francés ou americano, do mesmo xeito que compramos automóbiles fabricados en Vigo, Alemaña, Italia ou Xapón.
Máis aló do impacto directo no emprego e na creación de riqueza que as nosas caixas poden ter no emprego e no PIB galegos, o realmente decisivo son os impactos indirectos a través das empresas promovidas ou participadas polas caixas.
A carteira de Caixanova está integrada por máis de 100 empresas, nas que investiu nos últimos cinco anos máis de 1.200 millóns de euros. Algúns exemplos de empresas participadas pola caixa do sur son: Enerfin Enervento, Grupo T-Solar ou Reganosa en enerxía; Itinere, Autoestradas do Salnés ou Autopista Central Gallega en infraestruturas; R Cable y Telecomunicaciones ou Sivsa Soluciones Informáticas en telecomunicacións; Adolfo Domínguez en textil; Monbus en transporte; Geriatros o Sogaserso no terceiro sector; Filmanova en audiovisual ou Banco Gallego no sector financeiro. Segundo información da propia caixa, en conxunto xeran máis de 21.000 empregos en Galicia.
A carteira industrial de Caixa Galicia está formada por 150 empresas, das que 72 están en Galicia cun investimento de 686 millóns de euros. Son bos exemplos Pescanova, na extracción, cultivo e transformación de productos do mar, Cupa Group, no campo da pizarra. Factoría Naval Marín, Norvento, Faus Group-Finsa, Dinak, Terras Gauda, Itínere (titular de Autopistas del Atlántico, Autoestradas de Galicia ou Autopista Central Gallega), Autovía del Barbanza, Gas Galicia ou Reganosa. Xerando en total 13.000 empregos en Galicia.
Por todo isto, a venta de R por parte de Caixanova é unha mala noticia para Galicia. Agora ben, non deixa de ser unha decisión que corresponde ao ámbito estritamente empresarial, cos mesmos obxectivos de xerar liquidez que cando hai uns meses Caixa Galicia vendeu a súa participación en Galp.
Quizás isto non houbese sido así se non se tivese forzado a inicialmente prevista absorción de Caixanova por parte de Caixa Galicia e que, finalmente como se está a ver estes días, derivou no intento de que Caixanova sexa o salvador de Caixa Galicia.
Non é de recibo resumir a análise a que Gayoso pasa dos intereses reais de Galicia, como fai hoxe Ventoso en La Voz de Galicia. Basta xa!. Non é aceptable que dende ese xornal se siga marcando a estratexia de país, cun Núñez Feijóo cada vez máis receptivo ao que parece, e se siga facendo nacionalismo de cantón disfrazado de nacionalismo de folla de lata.
Discrepamos bastante das súas conclusións, (non do seu análise que é obvio)...
ResponderExcluirNon é comparable o caso da venda de R co caso de Galp, independentemente de que na orixe estén as mismas causas.
R é unha empresa estratéxica, cunha infraestructura asentada no territorio (o cableado das vilas e cidades), en tanto Galp non.
R estaba baixo control maioritario de Caixanova. Caixa Galicia era minoritaria en Galp.
O problema é a perda do control da sociedade galega dunha empresa estratéxica e moi importante, por exemplo, para a vehiculización linguísticapor do galego.
Ademais, o análise da operación ispe moitas carencias do país, algúns comportamentos errados e, como decía Beiras, "colonizados", e tamén un algo de autoodio...
Vaiamos por partes, resulta que a día de hoxe, Caixanova practicamente NON vendiu case nada da súa participación en "R"... Fixo algo moito peor, e penso que posiblemente delictivo, ainda que iso é difícil de explicar porque as presuntas víctimas gañaron bastantes cartos. Caixanova extorsionou aos accionistas minoritarios obrigandoos a vender, (iso si, con unha certa ganancia).
Iso é do que ninguén fala, o que se fixo as agochadas, en Madrid, (outra vez o "colonialismo"), e do que nos fumos enterando entre líñas, (non polas terminais mediáticas nin do norte nin do sur, se non por declaracións inconexas dalgúns dos axentes intervintes). A clave, polo menos para min, estivo na venda do pequeno porcentaxe que tiña EMALCSA, vaites, mira por onde alí había como conselleiros da empresa dous concelleiros do BNG, e eles ben que falaron e explicaron o que pasou, o que obrigou a súa vez ao PSOE a ter que explicar o que fixo. Por outra parte, o Banco Pastor, supoño que polas campañas publicitarias de "galeguidade" que está a facer posicionandose para captar aquel mercado que poida quedar "libre" tralo negro futuro das caixas, tamén veuse na obriga de dar algunha explicación pública...
De todo o anterior sabemos que Caixanova buscou un "tabeirao" financieiro para venderlle "R"...
Que directamente chataxeou aos minoritarios para que venderan a un bo precio sob ameaza de vender ela a maioría e quedar os minoritarios nunha posición de debilidade, (sen previsibles retornos nalgúns anos e obrigados a facer fortes inversións para manter a posición diante das ampliacións que fará o tabeirao, e, insisto, sin retorno de dividendos e sin cotizar en bolsa co que tampouco tiñan posibilidade futura a corto ou medio prazo de convertir en liquidez a súa inversión)... É isto unha chantaxe?... para min sí, cecais a fallade de delito está en que a operación supuso un beneficio contable para as supostas vítimas...
Cal é a razón de Caixanova para actuar así?... está claro, a corto revalorizar a súa inversión e os seus activos nas negociacións, a medio, ter xa colocado o seu paquete sen moitas complicacións...
Cal é o futuro de "R", pois medrar fora, (xa o dixeron), baixo a dirección estratéxica do tabeirao e a técnica de posiblemente Dopico, pero iso supón que ao longo "R" rematará fusionada con ONO, (aposta segura), coa súa sé en Madrid, pode que con introducción no mercado portugués, (si os portugueses se deixan), e eiquí paz e dempois gloria...
Había outra solución, nos pensamos que sí...
Xa que agora escomenzan os retornos de R, (o ano pasado 23 millóns), por que non se intentou unha OPV?... Por que hai que foxe da trasparencia?...
R é, (e ainda mais será), unha utility moi apetecible para o pequeno inversor, o aforrador conservador cliente típico das caixas de aforros, penso que se debeu facer unha OPV na Galiza, entre os propios clientes, nos é o que queremos unha entidade que faga iso e non que oferte fondos de inversión nas Illas Caimán que non se sabe o becho que teñen dentro...
Obrigado polo teu estupendo comentario. A miña entrada é manifestamente frouxa e feita á présa. Nela só pretendía poñer de relevancia as consecuencias reais que está tendo o forzar a Caixanova a entrar no proceso de fusión. A referencia a Galp pretendía só ilustrar como tamén Caixa Galicia buscou liquidez desesperadamente, polos mesmos motivos polos que agora o fai Caixanova vendendo R.
ResponderExcluirDe tódolos xeitos o verdadeiro problema, ao meu ver, non é a operación que se fixo estes días, senón cando o fondo de inversión CVC decida desinvestir. Aí si, como ti ben apuntas, a posibilidade de que acabe controlando R unha empresa do sector é grande. En canto ás túas consideracións a respecto dos accionistas minoritarios, concordando con elas, penso que non é o relevante. A posibilidade dunha OPV?, si, estaría ben. Pero non esquezas que a fusión tense que negociar nun prazo de dúas ou tres semanas. E a fusión é o verdadeiro motivo de por qué desinviste Caixanova, que por certo, ten demostrado unha vocación industrial en clave galega moi superior a Caixa Galicia.
Agora ben, dende un punto de vista estritamente empresarial, é criticable a operación de Caixanova?. Se esa operación contribúe a que se materialice a fusión nos termos que eles están formulando, seguramente non. Claro que se entramos a considerar cál será o futuro, a medio prazo, da hipotética caixa fusionada, voltariamos a ter que repetir os argumentos tantas veces expostos aquí.
Cabe outro tipo de análise, por exemplo en clave de país? Desgraciadamente, penso que non. Non podemos xogar a deseñar estratexias baseadas na existencia dun sistema financeiro público que, de momento non existe. E moito me temo que xa é demasiado tarde para pensar en construílo...
Saúde,
E ben certo que a venda de R é unha mala noticia, pero no mundo dos negocios a capacidade de xerar beneficios, de ser eficiente, de ter productos exclusivos ou axeitados a demanda, é única lei posible. Non hai "país" que valga. E compre que nos decatemos pronto diso. As persoas sí podemos ter inclinacións máis sentimentais, e reflexalo nas nosas compras ou nas nosas inversións. Podemos valorar o talento, o inxenio daqueles que levantaron esta e outras empresas e saber que só con xente coma esa poden xurdir outros R ou novas Fenosas.
ResponderExcluirA necesidade de vender activos por parte das caixas nos fala da súa debilidade nos balances, nada raro nos tempos que corren, pero tamén é unha actitude normal dun inversor estratexico que pretende crear empresas (e polo tanto riqueza e emprego no seu territorio): ponse en marcha unha empresa, arriscase un capital nunha aventura incerta, e cando está consolidada e se poden obter beneficios (gracias o bo facer dos seus xestores e dos inversores que a apoiaron) recollense os froitos do obtido. E se consigue un capital maior para arriscar e voltar empezar o conto.
As Caixas son un dos escasisimos inversores en Galicia con capacidade de estar nese intre fundacional dunha empresa e permitirlle medrar. Por eso e fundamental que sobrevivan, pero teñen que facelo con unhas condicións que lle permitan seguir arriscando o seu capital, e serlles realmente máis utiles a sociedade que con todalas sedes socio-culturais que poidan inaugurar daquela.
O artigo da Voz, e correcto, co tono populista que tanto acostuma nos novos tempos o periódico, ata que o cronista saca a navalla e decide porse ó servicio de quen lle paga. Se hai algo no que a Voz descubre o seu xogo sucio neste asunto é na forma tan diferente en que trata as ventas que ambalas dúas caixas levan facendo dende hai tempo.
Moitas gracias polas reflexións (e perdón pola extensión).
E certo que vender activos pode ter pinta de debilidade pero tamén cabe que sexa un bó negocio e por iso se vendan.
ResponderExcluirAs compañías telefónicas nacen nun sitio e acaban en mans de calquera. Os usuarios dos servizos telefónicos, Contratan unha cousa e acaban en sabe deus onde e con quen porque cando unha compañía pasa a mans doutra, ocorre que absorbe as costumes do novo propietario e desaparece a antiga política da empresa absorvida. O usuario pode non estar dacordo e ten que buscar outra compañía.
Isto tamén e un problema a ter en conta e sei do que falo, meu home traballa como formador de teleoperadores, para Vodafone, e outros proxectos que leva Unísono de Vigo...
Saúdo pra todolos comentarístas e porsu posto para tí Trasno.
Estimado Ansible, concordo plenamente. A iso me refería eu no comentario anterior. Grazas a vostede.
ResponderExcluirSaúde,
Moito obrigado Meiga.
ResponderExcluirSaúde,
Boa noite Trasno:
ResponderExcluirSabes que Emalcsa, empresa municipal de augas de A Coruña tiña participación minoritaria en R e que tamén vendeu??
Ainda espero que o señor Losada de unha explicación razonable e coherente con ese patriotismo coruñés que tan a gala luce porque semella máis ben que o que interesa é facer caixa sexa o que sexa o vendido.
Como digo no meu blog, só espero que o edificio de R na Coruña non se convirta noutro edificio de vivendas como ocorreu coa antiga sede de Fenosa (que por certo, ten que ser derrubada por sentencia xudicial).
Señor trasno, vostede que ten contactos cos mouros que viven baixo terra, dígalles que estou disposto a pedirlles asilo político. Saudos.
Non te rindas Abel, resiste...
ResponderExcluirSaúde,