Á metade do fin de semana decisivo para o futuro do BNG. De momento, gaña APU (alternativa pola unidade), é dicir, a UPG, por dous sets a cero. O primeiro set gañouno co informe de xestión da actual dirección. O segundo, rexeitando en todas as mesas as emendas á totalidade que +Galiza/EI presentaba á ponencia política.
O realmente importante debería ser o debate do documento político. Para redefinir qué é o BNG e cara a ónde quere avanzar. Máis esquerda e máis soberanismo aínda a costa de perder apoio electoral e presenza institucional, ou máis socialdemocracia e máis federalismo e así ter máis votos e máis protagonismo nas institucións. Pero semella que, como ocorre no resto de forzas políticas, dáse por suposto que ese debate vai implícito na elección das persoas, que é o que realmente se vai producir mañá. Se gaña a U teremos que entender que estamos na primeira opción, se gaña +Galiza, estaríamos na segunda. Aínda caben dúas opcións intermedias máis. Que se pacte unha saída conxunta con predominio da U, cambiando o cromo de Jorquera polo de Aymerich, ou polo contrario, saída conxunta con predominio de +Galiza, cambiando o cromo de Beiras -que fai nesta asamblea o último acto de servizo- polo de Guillerme Vázquez.
Calquera destas catro solucións é igual de mala. Os modelos implícitos en cada unha das correntes son tan antagónicos que resulta imposible ningunha solución de síntese. Nin o modelo de país nin o modo de facer política teñen nada que ver. Precisamente por iso, como diciamos aquí hai uns días, non se entenden esas declaracións de unidade e de non ruptura que están a facer os dirixentes dos dous bandos para o caso de saír derrotados da asamblea.
¿E os votantes? ¿e a militancia?. Uns poucos, iranse para a casa, para a abstención ou para Izquierda Unida, como xa ven ocorrendo nos últimos anos. Os máis, os nostálxicos, os sentimentais, os abduzidos pola forza dos símbolos e do marketing político seguirán aí. Non importa cara a ónde, pero aí. Coas mesmas bandeiras e as mesmas estrelas.
A auga pasada, sigo cas mesmas dúbidas. Parece como si todo estives atado e ben atado.
ResponderExcluirA auga pasada, sigo cas mesmas dúbidas. Parece como si todo estives atado e ben atado.
ResponderExcluir