terça-feira, 16 de fevereiro de 2010

Qué di exactamente a norma que regula o FROB?

Despois de escoitar este mediodía nunha emisora de radio local a Santiago Domínguez Olveira -tenente de alcalde do concello de Vigo polo BNG-, , afirmar con toda rotundidade que é o FROB (Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria) o que impide que Caixanova prosiga a súa actividade en solitario, como todos desexaríamos (dixit), aproveitando que hoxe é o día do devaluado combate Rueda versus Zarrías, ocorréuseme que non estaría demais mostrar unha síntese do articulado do Real Decreto-ley 9/2009, de 26 de junio que regula o FROB, cuxo texto íntegro pode descargarse aquí.

Preámbulo
Las entidades que podrían considerarse como más determinantes para la salud del sistema por su tamaño, mantienen una sólida posición que les puede permitir, con un grado de certeza razonable, seguir afrontando la crisis sin necesidad de apoyo público. Este punto es esencial, porque sitúa al sector bancario español en una posición muy favorable respecto a los de las grandes economías avanzadas. Entre las entidades de tamaño mediano o pequeño también se encuentran entidades que mantienen una sólida posición, no obstante, podría haber algunas que pudieran llegar a ver comprometida su viabilidad en los próximos meses, debido a la interacción de la persistencia de problemas de liquidez y financiación con el deterioro relativo de sus activos, aumento notable de la dudosidad y disminución de su negocio, consecuencia tanto de la duración, intensidad y extensión de la crisis, como de la fuerte caída de la actividad económica provocada por la misma.
Artículo 6. Adopción de medidas para afrontar debilidades que puedan afectar a la viabilidad de las entidades de crédito.
1. Cuando una entidad de crédito presente debilidades en su situación económico-financiera que, en función del desenvolvimiento de las condiciones de los mercados, pudieran poner en peligro su viabilidad y determinen la conveniencia de que acometa un proceso de reestructuración, la entidad informará de ello, con carácter inmediato al Banco de España.
La entidad en cuestión presentará en el plazo de 1 mes un plan de actuación en el que se concreten las acciones previstas para superar esa situación, que deberán ir encaminadas a asegurar la viabilidad de la entidad, bien reforzando su patrimonio y solvencia, bien facilitando su fusión o absorción por otra de reconocida solvencia o el traspaso total o parcial de su negocio o de unidades del mismo a otras entidades de crédito.

Así pois, non é certo que o FROB impida a continuidade de Caixanova -ou de Caixa Galicia- en solitario. Primeiro, porque as entidades sólidas e solventes non se ven afectadas polo FROB. Segundo, porque aínda no caso de que a entidade presente debilidades, o artigo 6 anterior establece medidas para reforzar o seu patrimonio e solvencia sen necesidade de recorrer a un proceso de fusión ou absorción.

Polo tanto, como se dixo neste blog dende o principio, o dato verdadeiramente relevante para poder formarse unha opinión sólida é a situación económico-financeira das entidades.

Neste sentido, se ben nun primeiro momento Caixanova manifestou a súa preferencia por entrar en algún proxecto de fusión SIP, dende hai un tempo ven facendo públicos datos cos que pretende demostrar que ten capacidade e solvencia para seguir en solitario. Non sei se eses datos son fiables ou discutibles. En todo caso, dilucidalo correspóndelle ás autoridades políticas e económicas.

Por outro lado, a respecto das opinións que manteñen que o FROB influirá na competencia na medida en que reforce a posición das entidades que se acollan ao mesmo en detrimento das restantes, xa temos argumentado nun anterior post -caixas de aforros: volvamos ao cerne do problema- que ese hipotético impacto non está para nada demostrado nin é previsible que se produza.

Non son de recibo pois, en aras de empuxar na dirección que inopinadamente decidiu a formación política á que un pertence, argumentarios tan elementais e simplificadores.

8 comentários:

  1. Moi interesante, está bem explicado. Mas umha cousa . Tenhen tam deteriorado a qualidade dos seus activos,por ilo nom admitidas no BCE, que necessitam recurriram ao frob cumha taxa de juro do 7-8%?, Nom é umha barbaridade, ante-sá dumha intervençom ou quebra, se a recuperaçom nom se produz?, cousa mui provavel acho. Já vês que nom che abandono. saudos

    ResponderExcluir
  2. Pois non se publiquen os datos económico-financeiros reais non o saberemos, pero...
    Benvido, duar.
    Saúde,

    ResponderExcluir
  3. Essa taxa de juro é a que logo pode levar a umha privatizaçom e absorçom das caixas pola banca convencional, ou isso é o que a mim dá o lombo. Bom post, como nos tés acostumad@s. Umha aperta

    ResponderExcluir
  4. Sería bó que se entrase, dunha vez, nun debate serio, con datos, sobre as caixas e as posibles alternativas. Pero ninguén parece estar pola labor.
    Desculpa tanto retraso en contestar ao teu amable comentario.
    Saúde,

    ResponderExcluir
  5. Ta ben, pero mira que enlazar a "Libertad digital"...
    Ista Trasno non é moito de fiar, ou cando menos, non ten moita dignidade...

    ResponderExcluir
  6. Segue así, prezado Anônimo, collendo o rábano polas follas...

    ResponderExcluir

No faiado