Anuncia a Xunta de Galicia que pon fin ás subvencións a compañías aéreas que voan dende Alvedro e Peinador. O argumento é que se ten constatado o fracaso destas políticas como instrumento para incrementar o número de turistas que visitan Galicia.
Aínda así, sen embargo, mantén a subvención a Ryanair que voa dende Lavacolla e que seguirá cobrando un millón de euros en 2012, e outro millón de euros en 2013. Decisión que non cadra coa razón que se da para cesar as subvencións ás compañías que operan dende Alvedro e dende Peinador.
Á vista dos datos que se amosan a continuación, parece máis que xustificada a decisión de deixar de achegar diñeiro público para manter artificialmente voos dende os nosos aeroportos. O que non se entende ben é por qué se mantén a excepcionalidade de Lavacolla.
Táboa I. Evolución do número de pasaxeiros en avión 2008-2011
Na táboa I, móstrase a evolución no número de pasaxeiros nos diferentes aeroportos. A pesar das subvencións públicas, o tráfico aeroportuario en Galicia só se incrementou nun 2,70% nos últimos catro anos. Iso si, concentrouse fortemente en Lavacolla que medrou un 28,56%, ao tempo que Alvedro descendía un -13,06% e Peinador un -22,18%. Dende logo, ese crecemento de Lavacolla non é alleo ao notablemente maior volume de subvencións que reciben as compañías que operan nese aeroporto. No mesmo período, o Sa Carneiro de Porto incrementou o número de pasaxeiros un 32,38%.
Para entender ben o absurdo destas políticas de subvención que dende hai anos ven levando a cabo o goberno galego, sería interesante dispor de estatísticas sobre a mobilidade de longa distancia da poboación.
Desgraciadamente, eses datos non existen. Só puidemos localizar algúns datos illados a nivel español. Por exemplo, o 20% da poboación acapara o 80% dos viaxes de ocio. Un de cada dez españois nunca saíu da súa provincia de nacemento, e o 15% non saíu da súa comunidade autónoma. O 48% da poboación española non saíu nunca de España. Só un 7% de españois viaxaron por ocio ao estranxeiro en 2009.
A nivel internacional, os poucos datos que conseguimos encontrar, e que poden servir de referencia para o caso galego, indican, por exemplo que en Suíza un 16% da poboación nunca viaxou en avión. Cifra que se eleva ata o 32,60% si se consideran aquelas persoas que non voaron nos últimos cinco anos. O que pon en evidencia a exclusión da mobilidade aérea dun segmento relevante da cidadanía. Como cabía esperar, as diferenzas de renda xogan un papel determinante á hora de explicar quén e con que frecuencia viaxa en avión. No 23% da poboación de menor renda un 25% das persoas non voaron nunca e outro 25% non o fixo nos últimos cinco anos. Pola contra, nos segmentos de maior renda, menos do 5% dos individuos non viaxou en avión nos últimos doce meses. En Suecia en 2006, o 4,5% da poboación con renta superior a 500.000 coronas, acapara o 65,6% dos viaxes en avión.
Constatado o fracaso das subvencións ás compañías aéreas como ferramenta para incrementar o número de turistas, estes poucos datos deslabazados que acabamos de expoñer, poñen de manifesto a profunda inxustiza social que supoñen estas prácticas. Estamos subvencionando directamente con diñeiro público á minoría da cidadanía que se encadra nos segmentos con máis alto nivel de renda.
O que vai pasar, o que pasa sempre é que a Xunta inviste cartos a moreas nun destes aeroportos, ó que se podería chamar central de Galicia, inviste tamén cartos e influencia politica a outro que por si mesmo sen axuda ningunha non atrae a ningún viaxeiro de fóra. Os concellos todos, canto máis ó norte máis invisten para captar vóos incluso a costa de estragar conexións que xa funcionan noutros sitios.
ResponderExcluirO resultado é que os de Vigo temos que ir a Madrid e bus e morrer de sono mentres agardamos no Porto por unha conexión a Vigo.
Tamén foi unha idea intelixente de carallo poñer ese aborto de AVE entre Santiago Ourense e A Coruña, marxinando á primeira cidade do país. Marxinando os dous fluxos de circulación máis importantes de Galicia. O A Coruña -Vigo e o Ourense-Vigo. E así nos vai con esta política caciquil. Vigo paga A Coruña provincia goza dos nosos cartos...
Compartindo algunhas das cousas que dis, aquí so pretendía poñer en evidencia a irracionalidade das subvencións ás compañías aéreas para que manteñan algunhas liñas mentres dura a subvención. Liñas que cancelarán ao día seguinte de que se lles deixe de pagar.
ExcluirSaúde,
ya ni quiero subir al avión, todo esta muy caro hoy día!
ResponderExcluir